eQualtecnia

Inicio / Blog / Voces que gardan a memoria

Voces que gardan a memoria
16 mayo 2025

Voces que gardan a memoria

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha cita clave para reivindicar o valor da nosa lingua e homenaxear a quen a mantén viva. Este ano, por primeira vez, o recoñecemento exténdese a un grupo: seis mulleres que, coas súas voces, foron gardiás do patrimonio oral galego.

Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandereteiras de Mens (Malpica) dedicaron a súa vida a cantar, recitar e transmitir a poesía popular de xeración en xeración. Grazas a elas, a tradición segue latexando con forza nas nosas aldeas, festas e corazóns. Este Día das Letras é unha homenaxe a todas esas voces que, sen asinar libros, escribiron a historia cultural de Galicia desde a memoria colectiva.